Conversas no tren 3

20190516_183256

De volta a casa, o corazón láteme a mil por hora. Saúdo a Carlos e vou directa ó escritorio para dar xeito ós renglóns que fun escribindo no traxecto de volta. Foi a primeira vez que me puxen os cascos co firme propósito de illarme do mundo. De tanto buscar ás musas parecía que rematara por atopalas. Vaia subidón de enerxía. Dixen non a saír. A ver unha película. A cear algo que levase máis tempo ca un minuto de microondas. As normas na casa son claras. Se un cociña, o outro frega, e eu só quero ver como a historia que se me escorrega entre os dedos ó teclear cobra vida propia.

Chego a un punto. Debería ser un punto e aparte. O principio dunha nova acción, o comezo do final. E non o teño. Invéntome a vinganza? Estou en branco. Comprobo o último apuntado e véxoo claro: teño que aparecer nesa cea para poder darlle ó relato o final que merece e saciar toda esta curiosidade que me ten o estómago revolucionado. Engano a Carlos. Faltarei ao encontro de Nadal dos seus amigos para escabulirme no duns descoñecidos. Non podo dicirlle a verdade. Asómase ó portátil. Péchoo. Mañá será outro día, e terei que achegarme á casa na que está previsto o encontro para estudar de que xeito podo saber o que sucede no seu interior. Quizá teña razón o meu noivo e comezo a tolear.

Estou comesta polos nervios. Apostei por vestirme de negro de arriba a abaixo. Era iso ou a miña querida gabardina da cor das abeleiras que case me chega ata os pés. Vin demasiadas películas de detectives cando era unha nena. Aparquei nunha rúa paralela á vivenda, unha casa de dúas alturas con paredes brancas medio esfareladas. Comezo a pensar que estar aquí non foi a mellor idea da miña vida. Procuro un libro ou emocións? Estou a piques de volver pór o coche en marcha, pero unha atracción inexplicable lévame ata a porta. Pego a orella, hai un silencio absoluto, tampouco vexo luz a través das xanelas. Ó apoiarme na porta, ábrese. Non parece haber ninguén no interior. Agora comprendo porque o chaman amigo invisible. Dubido. Entro. Non entro. Entrei.

Unha lousa. E escrito a man: “Iván, estamos abaixo”

Contei cada chanzo. Foron un total de dezasete. Dende o soto a vivenda parece igual de baleira. Hai unha porta ó fondo, é a única opción posible, tiro do tarabelo. O aviso non era para Iván, pero aínda tardo uns minutos en caer na conta. Iván atópase no interior do habitáculo, anoado a unha cadeira e amordazado. Deben ser os bos os que aparecen sempre atados porque non dubido en lanzarme ó rescate. Outra idea nefasta. E van moitas en pouco tempo. A porta pecha tras de min e escoito pasar a chave. Estou arrepiada. Tremendo. Non lle dixen a ninguen a onde viña. Só ó comezar a respirar vexo que hai un sobre branco enriba da cadeira. Ábroo.

“Hai outra chave no baúl. A cea é mañá, goza escribindo, de nada”

Non volvín velos. Ó saír, correndo, xa marcharan da casa ou permanecían agachados nalgún lugar. Comecei a gastar o diñeiro destinado ó tren na páxina web na que agora amoso ó mundo o meu traballo. As miñas historias. Esta é a primeira e non sei se atinarei co final, pero imos intentalo, aposto a que Tamara non era a moza da fotografía nin a protagonista dos ruxerruxe. Por iso, Iván e Manuel, este relato está dedicado a vós en exclusiva. Estou segura de que conseguistes volver mangonear ós vosos amigos e a aprobar a oposición. Grazas.

3 comentarios sobre “Conversas no tren 3

  1. La narradora atrapada en su propia historia. Nada es lo que parece y algunas veces el involucrarnos en la vida de desconocidos da lugar a sorpresas. Enhorabuena, Marina, por tu relato!!

    Me gusta

  2. Supongo que para poder escribir una historia es necesario contactar intensamente con ella. Esto puede suceder porque se ha vivido personalmente o en personas conocidas…pero lo normal es que el escritor la haya soñado o imaginado de forma tan intensa que en realidad para él es tan auténtico como un suceso realmente vivido.

    Me gusta

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s