Conversas no tren 2

img-20190424-wa0005.jpg

Tiven que agardar polo novo luns para seguir afondando nas súas vidas. Son opositores e van cantar os temas á academia co comezo da semana, pero a cabeza téñena noutra parte. Nesa celebración que xa está a chegar. Hai menos movemento do habitual no tren e opto por seguilos ata o vagón catro. Sento xusto diante e comezo a tomar apuntamentos dos seus agasallos. Gústame. Rinse de todo. Deles mesmos o primero. Iván, que ten unha voz moi radiofónica, fala de cando o ano pasado agasallou ó seu amigo invisible un corno de reno. Non só foi unha chiscadela cara ao nadal.  Era sobradamente coñecido que a noiva do amigo, agora ex, paseara o seu novo amor moito antes de que rematase o anterior.

  A foto acaramelados igual xa foi pasarse

  Nada como ver a realidade de fronte. A rei morto, rei posto

  Ó final había oculta unha boa intención

  Vas falar ti, dez tabletas de turrón de chocolate a un tipo que está a dieta e que boa falta lle fai

  Boa conta lle destes todos, deberías estarme agradecido

Xa non disimulo. Escoito libremente e miro á miña contorna. Os demais viaxeiros tamén estarán coa orella posta? A meirande parte parecen absorbidos polos seus teléfonos intelixentes. Perdemos a cobertura cada tres minutos pero, aí os tes, buscando entretemento na outra banda da rede. Queremos tempo libre para enchelo de quefaceres. É o terror do silencio. Os meus amigos baixan na mesma parada ca min. Botarei toda unha semana sen velos, paréceme unha eternidade.

Busco ao Zipi e o Zape pola estación. É luns 24 de decembro e a gran noite debe estar ó caer. Pregúntome cantos capítulos perdín durante estes días e se Iván xa convenceu a Manuel para que lle revele o nome do seu amigo fantasma. Non aparecen. Descansarán en Noite Boa? Non é ata que o tren se detén cando comprobo que, no fondo da plataforma, Manuel fala cunha lisísima melena castaña. Resúltame familiar. Corro cara eles pero xa polo interior do tren. Están nos últimos dous asentos do derradeiro vagón, busco a praza libre máis próxima e acomódome. Desexo que a viaxe sexa longa; a moza da cabeleira interminable é Tamara. Lonxe de Felisa non protesta.

A situación descolócame. Xuraría que en todo este tempo que levamos coincidindo non vin un chisco de complicidade entre ambos e, así e todo, parecen máis que coñecidos. Ó chegarmos a Vilagarcía queda libre un asento máis próximo. Non o dubido, é o momento de acurtar distancias.

  Podo contar contigo, vas axudarme?

  A cea é o vernes, non temos moita marxe para andarmos con historias

  Entón é un problema de tempo ou de vontade?

  Penso que igual é mellor que pases páxina

  O teu amigo Iván foi un cabronazo, sábelo ben

O revisor non puido ser máis inoportuno. Tendinlle o billete case sen miralo e non lle debín parecer moi amable. Rifa á vista. A piques estivo de facerme percorrer o tren de novo para ocupar o meu asento. Agora eran os observados os que contemplaban curiosos a escena que acaban de orixinar sen decatárense.  Sentinme incómoda no punto de mira, pero agradecida de que deixaran de falar para prestar atención ó revisor, que axiña chegou a altura deles. Non me perdín nada.

Os cartos e o tempo investido comezaron, nese intre, a pagar a pena. Cambiei o portátil por un caderno de follas en branco para riscar monicreques e frechas que me valesen de esquema.

  • Tamara é a moza que sae na fotografía que Iván agasallou ó seu amigo.
  • Tamara é a protagonista dun dixomedíxome que sabían case todos.
  • Tamara recibiu unha chamada do seu mozo para dicirlle que a deixaba. Él era o case de case todos.
  • Tamara renunciou ó traballo que compartían porque o fronte a fronte cotián resultáballe insoportable.
  • Tamara fala dun malentendido. Dunha imaxe sacada de contexto. De vinganza.

Manuel aceptou unha proposta baleira. Acordaron estar en contacto os próximos días para concretar como a axudaría. Sería o gran día. Volvín coller apuntamentos: venres día 28 ás 21.00 horas nunha parroquia de Pontevedra.

 

Fin do segundo capítulo…

 

Un comentario sobre “Conversas no tren 2

  1. Es cierto que la curiosidad mató al gato….como nos gusta meternos en las conversaciones e historias de los demás….se le puede llamar cotilleo…pero es algo tan antiguo como el propio ser humano…sin el que no podríamos comprender nuestra propia esencia.

    Le gusta a 1 persona

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s