Máis dun século a marcar o paso

Pisa, pisa forte, con seguridade. Escolle ben o camiño. Trabúcate. Dá a volta e volve coller o paso. Firme, novamente, como se non existise outro xeito de camiñar. Pegada a pegada ata onde queiras chegar.

Disto de pisar forte saben moito Elena Ferro e a súa familia. Pisa ela, pero tamén axuda a pisar aos demais. Faino dende e coma sempre: empregando a mellor madeira para que os pasos de hoxe sexan tamén os de mañá. Un calzado de onte, que xa é de agora, e que promete persistir no tempo, para que un poida reiventarse tantas veces coma o desexe e volver retomar a andaina. Cos zocos pasa o mesmo que coa vida. Nunca debería ser tarde.

Reinventar non é unha verba elixida ó azar. Recolle ás mil marabillas a historia da zoqueira de Merza (Vila de Cruces) e dun negocio que xa sobrepasa o século de vida. Ás duras e ás maduras. “É un soño. Pensei que non tería futuro, houbo un momento no que non tiñamos nin quen traballase a madeira”, sinala o pai de Elena, Alfonso Ferro. El e a súa irmá, Agripina, son a segunda xeración de zoqueiros. Os cimentos datan do 1915, cando Perfecto Ferro comezou a moldear o coiro para protexer os pés dos veciños cun calzado quente e que illase da agua. A vida levouno a Cuba, para voltar a súa terra oito anos despois.

Elena naceu sesenta anos máis tarde, no 1975, cando as catiúscas xa gañaran moitos adeptos nisto de protexer os pés. Tiveron que ampliar o número de feiras ás que asistiren para amosar os seus zocos, e a alma do que é Eferro na actualidade comezou a marcarse os seus propios retos: foi así como se adentraron na marroquinaría, que chegou a supoñer o 80 % das ventas. “A xente non quería saber nin de zocos nin de pan de broa”. Elena lembra que se ligaban directamente coa pobreza. As porcentaxes viraron  hai uns anos, pero, antes, houbo moito traballo que facer.

Zocos nunha xaula EferroA zoqueira e a súa familia fixaron un novo rumbo entre os anos 1995 e 1996. Foron tempos de cambios, de variar a estética dos zocos, pero non de chegar ás metas. Perseveraron. Os pasos foron firmes e na dirección axeitada, e o boca a boca fixo o resto. Son dous os factores dos que fala Elena para explicar como, no ano 2010, mudou o xeito  de mirar os zocos: fixéronse co Premio de Artesanía Contemporánea Antón Fraguas cos zocos vuela mariquita vuela e apostaron polas peles con pelo de cores para fusionar tradición e modernidade. Hoxe, fan uns nove mil pares ó ano, e a metade son personalizados.

A traxectoria de Elena pode resumirse voltando ao verbo chave, reinventarse, e engandíndolle un substantivo, creatividade. Agarrouse ao seu enxeño para dignificar un produto e un oficio que non deixan de evolucionaren con ela. Dos zocos tradicionais, con madeira de bidueiro, pasaron ós modernos, feitos con amieiro e cunha estética máis redondeada. Despois de moito traballar co coiro chegaron os flexibles, que se uniron ás bailarinas e a unha ampla variedade de sandalias. As últimas novidades? Os flecos de quita e pon e os calcetíns repletos de zocos debuxados.

Cando o paso é firme e o enxeño agudo, ata o punto de converter as redes sociais nun excelente xogo de inventiva, unha pode trazar o seu propio camiño. Unha senda na que non importan as curvas e que medra co paso dado. E, para a maleza, xa se sabe, non hai nada mellor que ir ben calzado.

 

4 comentarios sobre “Máis dun século a marcar o paso

  1. A verdade é que o inxenio e a creatividade producen resultados asombrosos. Se lle preguntas a calquer veciño de Merza hai 15 anos polo futuro do negocio do zoqueiro, diriache que ningún…hoxe é unha referencia galega…parece un milagre

    Le gusta a 1 persona

  2. Marabíllame a alegría, innovación e seguridade que desprende Eferro. Afouteza é unha verba que lle acae tan ben como os topos vermellos aos zocos de xoaniña. Pásmome co traballo reinventado, coa capacidade de sorprender sobre a tradición. A súa arte sacalle brillo á aldea que tod@s levamos nos ósos.

    Cando se defenden as vantaxes dos equipos interxeracionais, lembro á familia de Eferro. Cando se fala das oportunidades que debe brindar o I+D+i, penso en Eferro. Cando se cita a emigración da xente moza galega ben cualificada, invoco a Eferro. Cando as marcas multinacionais fan sombra nas vitrinas dos centros comerciais, defendo o sorriso de Chicha nos postos de artesanía.

    E cando alguén renega da lingua galega, porque non serve para comunicarse con todo o universo, resérvome unha pequena vinganza: xa presumirás de paisan@ da artistaza cosmopolita que crea zocos megacool.

    Je, je!

    Le gusta a 1 persona

  3. Efectivamente en Eferro se unen el verbo reinventarse y el sustantivo creatividad. En este caso ambos se compenetran perfectamente demostrando que las profesiones más antiguas encajan perfectamente en la vida actual. Enhorabuena a estas diseñadoras que han sabido resistir el paso del tiempo sin quedar ancladas en el mismo. Del pasado mantienen las materias naturales, del presente los colores, las nuevas formas, la marroquinería y en el futuro seguramente nos seguirán sorprendiendo porque donde hay ingenio, inteligencia y esfuerzo siempre se abre un abanico de posibilidades ilimitadas.

    Me gusta

  4. Afrontar cambios implica fuerza, coraje, caer , levantarse, adaptación,
    etc… actitudes que surgen del interior de la persona, donde la
    educación y valores familiares inspiran. No obstante, reinventarse es
    para los emprendedores un nuevo reto y una nueva oportunidad. Pero
    esta cultura socio-económica española no es capaz de generar
    individuos con ilusión de materializar nuevas ideas ni proyectos como el
    estilo norteamericano.
    Nuestra admiración a la familia Ferro y a todos aquellos que con trabajo, creatividad, dolor e ilusión son capaces de reinventarse y seguir caminando.

    Me gusta

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s