Morriña

malecon-cuba.jpgÉl tamén estivo aquí, sí, pero diso xa hai moito tempo. Non veu polo mesmo motivo ca min, veu para buscarse a vida, a súa, e a dos que deixaba na terra. Pasaron máis de noventa anos. Daquela a viaxe era en barco e duraba un mes, hoxe apenas son dez horas de avión.

Acababa de cumprir vinte anos cando decidiu cruzar o Atlántico. Desembarcou en Cuba, un país rico por aquel entonces ao que moitos emigrantes chegaban na procura dunha desesperada oportunidade. Seguro que nos custa entender isto, dado que este país hoxe  xa non é tan rico. Iso se a riqueza se mide en términos económicos, porque se falamos de valores, teñen a esgalla.

Traballou nunha destilería de ron, e púxose morado de plátanos. Pero non todo o que relucía era ouro, pois os nenos cambiábanlle por pan, un acio desta froita tan sabrosa… Chamábanlle “Gringo”, normal sendo rubio e cuns ollazos azuis que non lle envexaban nadiña á cor das augas caribeñas. Seguro que rompeu moitos corazóns, pero a súa muller e os seus fillos estaban no Casal.

Estivo aquí sete anos seguidos, marchou un tempo ó seu fogar e voltou outros catro anos máis. En total once solsticios e outros tantos equinoccios neste rico país, que como dicía antes, ainda que hoxe non teña tal potencial económico, sí pode presumir de valores. Valores como os de Joel, Katia e Thomas, por nombrar a algúns dos seus paisanos. As voltas que da a vida, en menos dun século dúas maneiras ben distintas de estar nun mesmo lugar. Tiven a oportunidade de preguntar por él no Centro Galego en Cuba, pero non encontrei nada que mo puidese acercar.

Un dos culpables de que eu estea aquí hoxe foi él, sí, Piñeiro, o meu bisavó, que seguro pasou moitas tardes mirando ao horizonte e acordándose dos seus no emblemático Malecón da Habana. Iso é a morriña, unha mestura de sentimentos nos que converxen a tristeza, a melancolía e ese “botar de menos” á familia e á “terriña”. Pareceravos paradóxico que fale deste sentimento alguén que nunca emigrou, pero son galego e a morriña lévoa no sangue, e nestes momentos téñoa do meu bisavó.

Iván.

8 comentarios sobre “Morriña

  1. Que lindo xeito de ver unha paisaxe: dous cortes no tempo. Nun século! Que pensarían os nosos bisavós se visen o Malecón agora?

    Canta morriña habaneira tería Piñeiro despois de voltar?

    Quen emigra de pobre e logo volta á casa, non se dá desprendido tampouco dese outro recuncho onde tivo a oportunidade de soñarse nunha vida mellor. A morriña é doble.
    Bicos

    Le gusta a 1 persona

  2. Por desgracia, los tiempos no han cambiado mucho, nuestros abuelos tenían que emigrar para intentar conseguir un futuro mejor para sus hijos, y ahora son nuestros hijos los que emigran en busca de su propia subsistencia, y seguro que también sienten morriña, un sentimiento que acompaña no al viajero/turista , sino al que se ve abocado a abandonar su país, sin saber si podrá regresar algún día.

    Me gusta

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s